Escoitar

O Concello colabora cos transportes especiais que cruzan a cidade para entrar no Porto de Vigo

Abel Caballero destacou este venres que a pasada madrugada un novo transporte especial de 120 toneladas cruzou o Paseo das Avenidas para entrar no Porto, tal e como ocorrera a pasada semana. A Policía Local colaborou no transporte e o alcalde destacou que o seu paso afecta ao firme do paseo peonil

venres, 29 mar 2019
1553867944transporte.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres de que o paso dos transportes especiais do Porto afectan ao firme do Paseo das Avenidas. Trátase dun dos máis de 35 convois que circulan polo centro da cidade ao longo do ano e que atravesan o paseo marítimo para entran en dependencias portuarias.

A peza, ao igual que ocorrera a semana pasada cun transporte similar, procedía do Porriño, baixou polos carrís esquerdos da Gran Vía ata Travesas, rúa Coruña, Beiramar e Cánovas do Castillo, onde entra no Porto. "Pesa 120 toneladas, é un transporte especial con 12 eixos, convoi de 30 metros de longo, 5 de ancho e 5 de alto. Isto é o que rompe as baldosas, o Porto cobra e o Porto ten que pagar a reparación", sinalou o alcalde.

O rexedor engadiu que o Concello puxo a disposición do transporte un total de catro patrullas e oito axentes. Caballero tamén quixo mostrar a total disposición do Concello a colaborar cos transportes "porque queremos favorecer a industria e para isto temos tarifas moi baratas, meter esta peza significan dous ou tres vehículos e uns 12 policías, só cobramos 195 euros".
Descargar todas as imaxes