Escoitar

Comeza o ciclo "DE PIANO" do Festival da música e das artes "Nas Ondas"

A programación esténdese ata o 11 de abril, dentro da variada oferta de concertos, ciclos e actividades que o Festival organiza ata o vindeiro 22 de xuño.

luns, 1 abr 2019
O Concello colabora un ano máis co Conservatorio Superior de Música de Vigo para organizar o Festival da música e das artes "Nas Ondas", que se estenderá ata o 22 de xuño, con distintos ciclos de programación de concertos e actividades. O certame terá como espazo principal o Auditorio "Martín Códax" e dependencias do CSMVigo, pero tamén se trasladará puntualmente a outros lugares da cidade, como o Auditorio Municipal do Concello ou o salón de actos do MARCO, entre outros.

"Nas Ondas" concentra unha programación que se organiza nunha serie de ciclos, neste caso "DE PIANO" que terá lugar do 1 ao 11 de abril.

O festival integra a presenza de numerosos docentes internacionais a través do programa Erasmus+. Trátase en definitiva dun programa transversal que trata de dar conta da multiplicidade das accións desenvolvidas dende o CSMVigo a prol dunha acción formativa, pero tamén social e cultural, comprometida coa cidade e máis alá.

Máis información