Escoitar

Aberta a nova pista de skate municipal en Navia

Desde este luns está en funcionamento a nova pista de skate, BMX e Roller Vert Vall no barrio de Navia. As novas instalacións construídas polo Concello de Vigo teñen unha superficie de 2.000 metros cadrados e dúas partes ben diferenciadas, Bowl e Street.

martes, 2 abr 2019
As novas pistas de skate municipais xa están abertas ao público desde este luns, instalacións públicas e gratuítas que contan con 2.000 metros cadrados de superficie e dispoñen de dúas partes diferenciadas, Bowl e Street.

O Concello de Vigo finaliza así a urbanización do actual parque de Navia, entre as rúas Pedra Seixa e Limpiño, cunha actuación destinada a skate, BMX e Roller Vert Vall.