Escoitar
A entrega dos premios terá lugar o 17 de maio, "Día das Letras Galegas"

VII Concurso de Relatos para nenos/as convocado polo Museo Liste de Vigo

O Museo Liste de Vigo convoca o VII Concurso de Relatos do Museo Liste de Vigo con motivo da celabración do Día das Letras Galegas destinado aos estudantes de Educación Primaria e Educación Secudaria Obrigatoria. O prazo de presentación de traballos durará ata o 30 de abril.

martes, 2 abr 2019
"Eu quixera ser…" será a temática dos relatos presentados este ano a concurso, a xeito de conto do que os participantes serán os protagonanistas, deberán versar sobre os propios desexos de nenos/as e mozos/as de cara o seu futuro. Esta temática é entendida como un servicio de análise que axude a pulsar a realidade dos máis novos, os sues devezos e inquedanzas, fortalezas e debilidades, que serva como recurso para pais, mestres… á hora de educar en valores.

Os relatos deberán estar escritos en galego, con extensión libre e coa posibilidade de seren manuscritos ou a ordenador e poderán presentarse na sede do Museo Liste, na Rúa Pastora nº22 ou a través do correo electrónico: didactica@museoliste.org . Na presentación deberán incluir datos do participante máis os de contacto do tutor. A data de presentación dos traballos extenderase ata o 30 de abril.

O Concurso contará con cinco categorías que agruparan por cursos aos nenos e nenas dende 1º de Educación Primaria ata 4º da ESO. Asimesmo, haberá un premio por categoría, dos que se fará entrega o 17 de maio, "Día das Letras Galegas", ás 12:30 na sede do Museo.