Escoitar

Aberto o prazo de inscrición ao curso de Introdución á Fotografía Contemporánea do MARCO

O MARCO organiza o Curso de Introdución á Fotografía Contemporánea que será impartido no Salón de actos por Vítor Vaqueiro dende o martes 30 de abril ata o 28 de maio, en horario de 19:30 a 21:00 horas. Terá un prezo de 45 euros (40€ para membros da Agrupación Amigos do MARCO e para estudantes). As prazas son limitadas e o prazo de inscrición xa está aberto, a través de comunicacion@marcovigo.com .

martes, 2 abr 2019
Nas súas liñas xeráis, este curso formúlase como un primeiro acceso á fotografía contemporánea, entendendo por tal a que, desenvolvéndose a partir de finais dos anos sesenta, chega até os nosos días.

O docente do curso, Vítor Vaqueiro é doutor en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago, onde foi profesor de Fotofrafía e Fotoxornalismo. Ademáis é conferenciante sobre temas de fotografía e autor de numerosos artigos nas principais revistas galegas e anuarios internacionais. É autor de libros de fotografía e ten publicado unha vintena de libros de poesía, narrativa, ensaio e etnografía, e foi galardoado cos premios Esquío, da Crítica española, e Irmandade do Libro.

O programa artículase en cinco sesións, necesariamente sintéticas, que funcionan como unidades temáticas ou fíos conductores.

-Sesión 1 (martes 30 de abri) - Presentación. Tratarase de facen un achegamento xeral á fotografía contemporánea, dar conta dos elementos basilares constitutivos da cotemporaneidade e facer un percorrido pola evolusción do pensamento fotográfico: da idea de mímese á de índice. Fotografía, verosimilitude e verdade. As novas formas do acto fotográfico. A pos-modernidade.

-Sesión 2 (martes 7 de maio) - Documentos. Os temas a tratar durante esta xornada serán:

A tradición do xénero do documentario e a súa relación con outras disciplinas: historia, socioloxía, xornalismo, educación, arte.
A reportaxe
A subxectividade e a concretización do proxecto documentario.
As novas propostas e os subtractos ideolóxicos subxacentes

-Sesión 3 (martes 14 de maio) - Paisaxes. Ao longo desta sesión examinarase aqueles aspectos a diferenciar entre as diferentes paisaxes que se poden dar, a construción ideolóxica delas e cómo tratalas.

-Sesión 4 (martes 21 de maio) - Corpos. Nesta sesión Vítor Vaqueiro tratará o tema do corpo, a súa codificación e a súa representación, así como as novas formas de retrato ou auto-retrato. Pola súa parta, tamén tentará transmitir a constitución da identidade, a psicoanálise e o pensamento feminista: o corpo como campo de batalla.

-Sesión 5 (martes 28 de maio) - Memorias. Para rematar o curso votarase unha ollada ao pasado en canto a contidos, usos e temas. Tratarase tamén a reestructuración da lembranza, o esgotamento da mirada e as súas consecuencias e a redefinición do medio.

Máis información