Escoitar

O goberno de Vigo amplía os parques infantís de Bouzas e Jenaro de la Fuente

A renovación destes espazos supón un investimento de 600.000 euros. A Xunta de Goberno Local deu o visto bo tamén á contratación de mobiliario para a biblioteca de Navia e aos nomeamento de vogais para a Fundación MARCO.

xoves, 4 abr 2019
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a proposta de adxudicación das obras de ampliación e reestruturación do parque infantil de Jenaro de la Fuente que ten un orzamento de 440.000 euros. Así mesmo, recibiu luz verde a proposta de adxudicación da contratación de obra e subministro de ampliación do parque infantil de Bouzas cun importe de 160.000 euros.

Cultura
Na área de Cultura, a Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación do subministro de mobiliario da Sala de Lectura-Biblioteca de Navia, previamente reformada, por un importe de 67.000 euros. Tamén quedou aprobada a proposta de nomeamento dos vogais do Padroado da Fundación Museo de Arte Contemporáneo de Vigo: Cayetano Rodríguez Escudero, Francisco Javier Pardo Espiñeira, María José Caride Estévez, Ana Laura Iglesias González, Jaime Aneiros Pereira, Nuria Rodríguez Rodríguez, Teresa Egerique Mosquera e Xosé Lois Jácome Enríquez, integrantes dos tres grupos políticos representados no goberno municipal.