O Concello dedica 348.000 euros ao movemento veciñal
O obxectivo das subvencións é o fomento do asociacionismo e a participación cidadá. Poden solicitarse tamén as axudas de Igualdade a entidades deportivas con licenzas femininas, cun importe de 45.000 euros.
A Xunta de Goberno Local aprobou as bases e a convocatoria de subvencións para o fomento do asociacionismo e da participación cidadá que teñen un orzamento de 348.000 euros. Estas axudas teñen como obxectivo as entidades que traballen no eido do movemento veciñal, tanto asociacións de veciños como entidades culturais.
Deporte feminino
O BOP publicou este mércores a convocatoria para solicitar o programa de subvencións da concellería de Igualdade para a concesión de axudas a entidades deportivas de Vigo, que teñen un importe total de 45.000 euros. Co obxectivo de promover o deporte entre as mulleres, as axudas destínanse aos clubs e entidades deportivas que teñan un mínimo de dez licenzas femininas. O prazo de solicitude remata o 17 de abril.
Descargar todas as imaxes