Aberto desde o luns o prazo para optar ás axudas municipais de vivenda, enerxía e alimentación
Informou Abel Caballero que o Boletín Oficial da provincia publica na súa edición deste venres a convocatoria do programa, dotado de 1.640.000 euros. Desde o pasado martes o Concello está a concertar citas previas para comenzar a recoller as solicitudes a partir do luns 8 de abril e ata o 8 de maio.
Os interesados poden solicitar a súa cita previa a través do 010 ou da web municipal para optar ao programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, enerxía e alimentación, unha convocatoria dotada de 1.640.000 euros, que se complementan con outros 842.000 euros para atender situacións de emerxencia ao longo do ano.
Desde o pasado martes é posible pedir a cita previa e desde luns -unha vez publicada hoxe venres a convocatoria no Boletín- o Concello atenderá e recibirá as solicitudes ata o 8 de maio. Segundo transmitiu o alcalde, o Concello ten capacidade para atender a unhas 150 persoas cada día.
Descargar todas as imaxes