Escoitar

O rexedor saúda aos estudantes que acoden a Vigo en sons, concerto didáctico da E-Trad

Abel Caballero achegouse esta mañá ao Auditorio Municipal para darlle á benvida aos alumnos de Primaria que acudían a un dos concertos didácticos da E-Trad que organiza o Concello. O obxectivo de "Vigo en sons" é divulgar entre os máis novos o grande patrimonio musical tradicional de Galicia.

luns, 8 abr 2019
1554727346etrad.jpeg
Descargar todas as imaxes