Escoitar

Vigo colocará unha placa en memoria do accidente do río Órbigo

O vindeiro mércores 10 de abril, ás 16:30 horas o Concello descubrirá na entrada do edificio municipal unha placa en recordo das vítimas do tráxico accidente do río Órbigo, con motivo do 40 aniversario do suceso.

luns, 8 abr 2019
"Queremos que sexa un acto de conmemoración, para transmitir a nosa dor, recordo e respecto" sinalou Abel Caballero. Ao mesmo asistirán profesores e profesoras do Colexio Vista Alegre, que lerán un texto para sumarse a esta homenaxe que tamén lles concirne.

O acto terá lugar de forma sincronizada coa ofrenda floral que o concello de Santa Cristina de la Polvorosa organizou no río Órbigo, á que acudiran os edís vigueses Olga Alonso e Ángel Rivas.