O Concello inicia os traballos de humanización en Serafín Avendaño e Roupeiro
A efectos das afeccións ao tráfico rodado e peonil, Abel Caballero informou este luns do inicio das obras de remodelación nestas céntricas rúas da cidade. Hoxe comezan os traballos en Serafín Avendaño, no treito comprendido entre Rosalía de Castro e García Barbón, e mañá martes arrancan en Roupeiro.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu conta este luns do inicio dos traballos de humanización en dous céntricas rúas da cidade, obras que terán afección para a circulación de vehículos e peóns.
Unha vez recibido o visto bo de Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia, o Concello inicia este luns os traballos de humanización da rúa Serafín Avendaño -na beirarrúa dereita do tramo comprendido entre García Barbón e Rosalía de Castro- e mañá martes comezarán as obras en Roupeiro.
Descargar todas as imaxes