O alcalde eloxia a calidade do produto local no "Degusta Europa"
O Mercado do Progreso acolleu este venres unha das xornadas do programa "Degusta Europa" que organiza a Deputación de Pontevedra, coa colaboración do Concello, para poñer en valor os produtos da gastronomía local e de temporada en pratos relacionados co continente europeo.