xoves, 11 abr 2019
A Xunta de Goberno Local adxudicou este xoves a contratación das obras dos murais do quinto programa de medianeiras, que saíu a licitación por importe de 280.000 euros, tal e como deu conta en rolda de prensa o alcalde de Vigo.
xoves, 11 abr 2019
Segundo informou o alcalde este xoves, o goberno de Vigo validou a modificación do texto do convenio para adaptalo ao aprobado pola Xunta de Galicia, logo de que a administración autonómica cambiara o acordo alcanzado inicialmente con Concello e Goberno de España.
xoves, 11 abr 2019
O próximo domingo 14 de abril remata o período para solicitar praza no campamento de Semana Santa que organiza o Concello nas instalacións de Vigozoo. A iniciativa, enfocada para nenos de entre 16 e 12 anos, inclúe saídas ao Parque Forestal de A Madroa e estenderase entre o 15 e o 17 de abril. <br />
xoves, 11 abr 2019
O Internacional Concello de Vigo de grupos show está de volta. O Pavillón Central das Travesas recibe esta fin de semana, concretamente o sábado 13 ás 16:30 e o domingo 14 á mesma hora, a cuarta edición do torneo que organiza o Patín Vagalume Celtamotor xunto á Federación Galega de Patinaxe
xoves, 11 abr 2019
Abel Caballero visitou este xoves o Colexio Plurilingüe Calasancias onde foi sometido a unha entrevista polo alumnado, interesado en coñecer o seu labor como alcalde e a súa faceta máis persoal. Caballero felicitounos polo traballo realizado e destacou a importancia dos nenos e nenas na configuración da cidade que debe construírse pensando, especialmente, nos maiores e nos máis pequenos.
xoves, 11 abr 2019
Abel Caballero achegouse esta mañá á Inmersia, o primeiro e único centro de ocio familiar de realidade virtual de Galicia onde tivo a oportunidade de "vivir experiencias excepcionais". Felicitou aos promotores deste establecemento e animou a todo Vigo a visitar as instalacións, situadas na rúa Doutor Cadaval.