Escoitar

Vigo rende homenaxe ás vítimas do accidente do río Órbigo cunha placa na Lonxa do Concello

Coincidido cos corenta anos do accidente do río Órbigo no que perderon a súa vida 49 persoas, o goberno local colocará esta tarde unha placa na Lonxa do Concello en memoria das vítimas e da súa familia. Esta homenaxe desenvolverase de xeito simultáneo ao tributo que se organiza en Santa Cristina da Polvorosa -onde tivo lugar o sinistro - e no que participarán os edís Olga Alonso e Ángel Rivas.

mércores, 10 abr 2019
1554917025homenaje.JPG
Co obxectivo de render tributo aos estudantes -45 nenos e nenas-, aos profesores e ao condutor de autobús que perderon a súa vida nese tráxico accidente, Vigo organiza esta tarde un acto de lembranza "sinxelo e moi emotivo" no que participarán un dos superviventes, ademais da por aquel momento directora do colexio Vista Alegre. Ás 16,30 h de hoxe mércores, descubrirase unha placa na entrada do edificio consistorial, á mesma hora que se organiza outra homenaxe en Santa Cristina da Polvorosa, o pobo zamorano no que se produciu o accidente, e no que estarán presentes os edís Olga Alonso e Ángel Rivas. Tal e como avanzou o rexedor, trátase de honrar ás vítimas e agradecer a Vigo e a Santa Cristina da Polvorosa o seu comportamento heroico nunha situación que se viviu con gran dramatismo na cidade e en todo o país.
Descargar todas as imaxes