Escoitar

O Concello aproba o primeiro programa de edificación forzosa

Logo de sacar adiante a Ordenanza reguladora do Rexistro Municipal de Soares que obriga aos propietarios a edificar en determinadas zonas da cidade, a Xerencia de Urbanismo dará luz verde ao primeiro programa de edificación forzosa que incorpora 24 edificacións.

martes, 9 abr 2019
1554811915090419AlcaldePrensa_01.JPG
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobará este xoves de forma definitiva o primeiro programa de edificación forzosa do Concello de Vigo-Rexistro de Soares, que permitirá a incorporación de 24 edificacións. Despois da aprobación inicial do programa, os propietarios das parcelas presentaron nove alegacións, das que dúas foron rexeitadas e as demais admitidas a trámite.

O obxectivo do programa é compactar a cidade; é dicir, consolidar a estrutura urbana existente na zona centro mediante a edificación de soares baleiros e promover que os propietarios exerzan a súa obriga de edificación. Pra iso, o Concello procederá a estudar de forma individualizada cada parcela para a súa inclusión no rexistro e valorala economicamente. Desde este momento, o Concello ten un prazo máximo dun ano para sacar a poxa pública estas parcelas se o propietario non inicia a edificación.

As áreas de edificación forzosa que recolle o programa están en Areal (números 34 e 12), Alfonso XIII número 36, no 17 da rúa Pazo, Puerto Rico 21 e 25, Vázquez Varela 14, Rogelio Abalde 19 e 21, nos números 8, 10 e 12 da rúa Alta, en Abeleira Menéndez 9 e 14, Ferrería 1, 43 e 49, Canellón Estreito número 10, Poboadores 29, nos número 5 e 9 de Perigos, rúa Real 20, Sombrereiros 4 e no 9 de subida ao Castelo.
Descargar todas as imaxes