Escoitar

Abel Caballero felicita a Afaga polo seu labor social no 25 aniversario da asociación

O alcalde de Vigo valorou o traballo feito pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (Afaga) ao longo da súa existencia. "Para nos é unha gran prioridade, queremos un mundo de dereitos, ten que haber un traballo desde o mundo da política para garantir o benestar das persoas", sinalou.

martes, 9 abr 2019
1554811858090419Afaga.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou este martes aos representantes da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (Afaga) cando cumpren 25 anos de existencia.

Nunha rolda de prensa celebrada no Concello, o rexedor quixo transmitir a importancia do traballo que realiza Afaga para "estar ao lado das persoas que teñen Alzheimer e dos seus familiares, a súa labor de apoio".

Caballero tamén indicou que "para nos é unha gran prioridade, queremos un mundo de dereitos, ten que haber un traballo desde o mundo da política para garantir o benestar das persoas, o camiño continúa e queda moito por facer".

Afaga Alzheimer naceu en abril do ano 1994. Xurdiu dun grupo de persoas que tiñan un familiar con alzhéimer ou outra demencia e empezaron a reunirse co único obxectivo de buscar respostas e recursos que non tiñan e que ninguén lles proporcionaba.

Actualmente, asisten aos talleres de estimulación cognitiva e funcional 265 persoas afectadas por unha demencia nos centros que hai en Vigo, Porriño, Mos, Tui, Nigrán, Salceda de Caselas e Ponteareas.

Ademais, benefícianse dos servizos que ofrece Afaga de atención psicolóxica, asesoramento legal, de axudas técnicas, formación,…etc. unhas 800 persoas coidadoras en todo a área sanitaria de Vigo.
Descargar todas as imaxes