Vigo logra o mellor dato turístico nun mes de setembro dende que hai rexistros

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este mércores que os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) ratifican as boas cifras de afluencia turística na cidade. Segundo o INE, no mes de setembro as pernoctacións ascenderon un 6,6 por cento ata chegar ás 92.000, o mellor dato dende que hai rexistros.

mércores, 23 out 2019
Vigo bateu no mes de setembro outro récord de afluencia turística á cidade. Así o confirman os datos do Instituto Español de Estatística (INE) avanzados este mércores polo alcalde, Abel Caballero.

Segundo os rexistros do INE, as pernoctacións creceron un 6,61% en setembro, ata as 92.000. Trátase do mellor mes de setembro dende que hai rexistros, posto que as visitas nacionais foron 62.520 (+12,58%) e as internacionais 29.480 (-4,18%).

No acumulado de xaneiro a setembro de 2019 a cifra chega ata as 721.725 pernoctas, un 11,53% máis que nos mesmos meses de 2018. O grao de ocupación por habitación alcanzou en setembro o 79,71%, un 9,67% máis que en 2018.

Club de Lectura do Marco
Por outra banda, o alcalde sinalou que ante o éxito da convocatoria do Club de Lectura do Marco duplicouse a súa capacidade. Con periodicidade mensual e ata maio, a primeira sesión foi o pasado venres e para poder acoller a máis participantes abrirase un segundo grupo.

O programa comezará este xoves, 24 de outubro, ás 19:00 horas coincidindo coa celebración do Día de la Biblioteca. O primeiro grupo reúnese o terceiro venres de cada mes e o novo grupo, o cuarto venres de mes.