mércores, 23 out 2019
O Plan de Rehabilitación e Rexeneración Urbana 2018-2021 está a permitir actuar en 315 vivendas nestes momentos, cun volume de inversión de 4,6 millóns dos que 1,8 proceden do Ministerio de Fomento. Onte mesmo, o Goberno Central adxudicou outros 778.000 euros á partida de Vigo para poder acometer unha segunda fase deste plan, dada a boa xestión executada con estes recursos.
mércores, 23 out 2019
O alcalde participou este mércores na presentación desta ópera, parte do Outono Lírico que programa a Asociación Amigos da Ópera de Vigo co apoio do Concello. O elenco de fama internacional se complementa con cantantes galegos e a participación do Coro Rías Baixas e a Orquestra Vigo 430.
mércores, 23 out 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aplaudiu o espírito transfronteirizo e colaborador da Semana do Atlántico Cidade de Vigo, un dos grandes eventos de vela lixeira da península ibérica, e ofreceu todo o seu apoio ao Real Club Náutico de Vigo, organizador da parte galega da serie de regatas en Vigo e Viana do Castelo.