xoves, 24 outubro 2019

As inversións do Concello para 2020 superan os 43 millóns, un 43,1% máis que en 2019

xoves, 24 out 2019

As contas para 2020 aprobadas esta mañá na Xunta de Goberno prevén unha inversión de 43.078.000 euros, o que supón un 43,1% máis que en 2019. Entre outras partidas, Caballero destacou a grada de Marcador de Balaídos (6 millóns), un novo parque de bombeiros en Bouzas (800.000 euros) e algunhas humanizacións, como Hispanidad -Zamora – Pintor Colmeiro (800.000 euros) e Taboada Leal -entre Don Bosco e Venezuela (350.000 euros).

O alcalde saúda ao alumnado que asiste ao Festival de Cinema Inclusivo

xoves, 24 out 2019

Estudantes de varios centros de ensino secundario da cidade presenzaron este xoves a proxección de varios capítulos da serie "Skam" no Auditorio Municipal e participaron nun coloquio sobre o ciberacoso, despois de que Abel Caballero os convidase a reflexionar sobre a necesidade de eliminar as barreiras para que tódolos espectadores poidan gozar do cine. O Auditorio Municipal e o cine Salesianos acollen ata este sábado a cuarta edición do Festival de Cinema Inclusivo de Vigo cun programa completo que quere achegar o cinema a tódalas persoas co sistema de audiodescrición e subtítulos.