As inversións do Concello para 2020 superan os 43 millóns, un 43,1% máis que en 2019
As contas para 2020 aprobadas esta mañá na Xunta de Goberno prevén unha inversión de 43.078.000 euros, o que supón un 43,1% máis que en 2019. Entre outras partidas, Caballero destacou a grada de Marcador de Balaídos (6 millóns), un novo parque de bombeiros en Bouzas (800.000 euros) e algunhas humanizacións, como Hispanidad -Zamora – Pintor Colmeiro (800.000 euros) e Taboada Leal -entre Don Bosco e Venezuela (350.000 euros).
O alcalde deu conta das inversións que recolle o documento de orzamentos aprobado esta mañá na Xunta de Goberno. En primeiro lugar, Caballero destacou unha partida de 800.000 euros para construír un novo parque de bombeiros en Bouzas. Está previsto que as instalacións -que substituirán ás de Balaídos - ocupen a parcela moi ben comunicada situada diante da Escola de Imaxe e Son polo que estará preto de Citroën, do resto da zona industrial, do Porto e dos estaleiros.
Tamén se referiu o rexedor á próxima licitación da grada de Marcador, que ascenderá a 14,6 millóns, e que serán sufragados unicamente pola Deputación e polo Concello, sen que nin a Xunta nin o Celta acheguen cantidade algunha. Os orzamentos municipais de 2020 inclúen 6 millóns para Balaídos.
Estas partidas forman parte dos 43.078.000 euros aos que ascende o montante da inversión municipal prevista para 2020, case un 43,1% máis que en 2019. Entre outras humanizacións, atópanse as das rúas Hispanidad-Zamora-Pintor Colmeiro -dotada con 800.000 euros -, e Taboada Leal -entre Don Bosco e Venezuela, que recibirá 350.000 euros.
O documento aprobado esta mañá recolle en detalle o resto das partidas. Accesos á estación intermodal AVE (10,4 millóns); ascensor á estación do AVE -desde o Club Financeiro -(100.000 euros) e un segundo, desde a Praza da Estación ata a rúa Urzáiz, que substituirá as actuais escaleiras. Porta do Sol (8,5 millóns); Avenida de Madrid (2,2 millóns); Ronda don Bosco (case un millón); Serafín Avendaño – Areal -Rosalía de Castro (270.000 euros); Estrada Beade Garrida (100.000 euros -o orzamento total alcanza os 3,5 millóns -); Plan de beirarrúas en barrios e parroquias (1,5 millóns); asfaltados en barrios e parroquias (1,3 millóns); conservación vías públicas (1,8 millóns); parques infantís e biosaudables (900.000 euros); reposición elementos en parques e arbolado (380.000 euros); mobiliario urbano (275.000 euros); centro social no centro da cidade (490.000 euros); centro para colectivos de risco – na rúa Eduardo Chao -(400.000 euros); cubrición de patios de colexio (750.000 euros); expropiacións Avda Europa e outros (932.000 euros); Corredor do Lagares (300.000 euros); carril bici (100.000 euros); Mercado de Teis (50.000 euros); Murallas de O Castro (225.000 euros); Parque Tecnolóxico (180.000 euros); sala de lectura de Teis (50.000 euros); Centro Cultural Valladares (70.000 euros); contornos de asociacións (150.000 euros); rehabilitación Patrimonio histórico (120.000 euros); edificio de seguridade cidadá (100.000 euros); accesos e melloras de edificios (100.000 euros); rede de edificios intelixentes (500.000 euros); inversión en Patrimonio Municipal (100.000 euros); administración electrónica (800.000 euros); instalacións deportivas de colexios e entidades (300.000 euros); equipamentos deportivos - pavillóns (250.000 euros); elementos de seguridade (200.000 euros); equipamentos programas de emprego (30.000 euros); equipamentos escolas (57.000 euros) e máis equipamentos bibliotecas e museos (145.000 euros).