martes, 22 outubro 2019

O Concello ensaia con éxito a utilización da PassVigo para o autobús turístico do Nadal

martes, 22 out 2019

O Festival de Rock Concello de Vigo celebrado a pasada fin de semana serviu como banco de probas para testar o futuro funcionamento da PassVigo no autobús turístico de Nadal. O público contou cun autobús lanzadeira ata o centro, cuxo billete pode ser comprado con antelación, xunto coa entrada ao festival. Co código da PassVigo se bonifica o importe do bus. Este sistema xa se poderá usar no bus turístico no Nadal.