Escoitar

Caballero encomia o labor da Policía e dá ánimos á familia do axente vigués ferido en Cataluña

O alcalde de Vigo saudou este luns a medio centenar de axentes da Policía Nacional que participan nun curso de seguridade no Porto de Vigo e aproveitou para louvar o seu labor. Abel Caballero tamén aproveitou para solidarizarse co axente vigués ferido en Cataluña e coa súa familia.

luns, 21 out 2019
1571659777211019CursoPolicia_02.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou este luns durante a apertura do XIV Curso de Seguridade en Portos o labor que realiza a Policía Nacional para dar seguridade á cidadanía. O rexedor tivo palabras de afecto para o axente vigués ferido en Cataluña o pasado fin de semana e mandou tamén unha mensaxe de ánimo a súa familia.

Xa na rolda de prensa posterior, o alcalde indicou que se mantivera en contacto coa familia do axente ferido e tamén co propio presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que este luns se desprazaba a Barcelona.

"Estamos moi orgullosos do traballo que levades a cabo pola seguridade de todos os cidadáns, en Vigo colaboran estreitamente a Policía Nacional, a Local e Garda Civil polo ben de todas as persoas, iso é o importante", destacou.
1571659777211019CursoPolicia_02.JPG
1571659787211019CursoPolicia_01.JPG
Descargar todas as imaxes