venres, 25 out 2019
O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia vén de inadmitir o recurso interposto pola Asociación pola Defensa de Vigo Histórico contra a adxudicación da remodelación da Porta do Sol. Neste punto, o Concello retomará as obras de inmediato asinando o contrato coa empresa adxudicataria, tal e como estaba previsto.
venres, 25 out 2019
O alcalde continuou este venres detallando o borrador das contas municipais para o próximo ano, aprobadas onte pola Xunta de Goberno Local. Caballero informou que as áreas de carácter social (Benestar, Igualdade, Emprego, accións públicas sanitarias, Educación e promoción educativa) suman 52,9 millóns, case que o 20% dos 267,7 millóns totais do orzamento.
venres, 25 out 2019
Vigo sumouse aos actos organizados no día Internacional do Dano Cerebral Adquirido da man de "Alento na rúa", cun acto celebrado esta mañá na Praza do Rei. O alcalde participou na iniciativa apoiando a un colectivo, que logo de facer un tapiz no chan, leu un manifesto reivindicativo.
venres, 25 out 2019
Abel Caballero saudou este venres ao alumnado de quinto de primaria do CEIP Emilia Pardo Bazán que iniciaba o percorrido didáctico na Praza do Rei dentro do programa "O Nautilus e o tesouro das Illas Cíes" animándoos a achegarse á historia da cidade a través desta experiencia. Este programa educativo municipal achega aos estudantes vigueses a historia do arquipélago das Cíes, que defende a ría de Vigo, a pegada de Xulio Verne na cidade e a batalla de Rande desde a perspectiva de "20.000 leguas de viaxe submarina".