Escoitar

Rexeitado o recurso contra a adxudicación da remodelación da Porta do Sol

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia vén de inadmitir o recurso interposto pola Asociación pola Defensa de Vigo Histórico contra a adxudicación da remodelación da Porta do Sol. Neste punto, o Concello retomará as obras de inmediato asinando o contrato coa empresa adxudicataria, tal e como estaba previsto.

venres, 25 out 2019
O Concello asinará de xeito inmediato o contrato para remodelar a Porta do Sol, unha vez rexeitado o recurso contra a adxudicación das obras de soterramento do tráfico e a humanización peonil. O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia inadmitiu un recurso interposto pola Asociación pola Defensa de Vigo Histórico en contra do túnel e da peonalización da Porta do Sol. Deste xeito, os traballos comezarán sen demora, tal e como estaba previsto.