Abel Caballero apoia as reivindicacións do Día Internacional do Dano Cerebral Adquirido
Vigo sumouse aos actos organizados no día Internacional do Dano Cerebral Adquirido da man de "Alento na rúa", cun acto celebrado esta mañá na Praza do Rei. O alcalde participou na iniciativa apoiando a un colectivo, que logo de facer un tapiz no chan, leu un manifesto reivindicativo.