Abel Caballero anima á cidadanía a presenciar este domingo O barbeiro de Sevilla
O alcalde participou este mércores na presentación desta ópera, parte do Outono Lírico que programa a Asociación Amigos da Ópera de Vigo co apoio do Concello. O elenco de fama internacional se complementa con cantantes galegos e a participación do Coro Rías Baixas e a Orquestra Vigo 430.
Con apenas unha vintena de entradas aínda dispoñibles, o alcalde invitou á cidadanía a presenciar esta representación, este domingo ás 19:30h no Teatro Afundación.
O director musical, Diego García, e a directora de escena, Eugenia Corbacho, avanzaron as liñas desta ópera, luminosa, ambientada nos anos 60 e 70, con continuas referencias ao cine da época ao tempo que respectuosa co tema central da obra de Rossini, que é a loita entre a opresión e a liberdade.
Diego García Rodríguez, despois de dirixir dirigir D. Carlo no Teatro Real, volve a Vigo para estar á fronte dun elenco formado por Carlos Daza (Fígaro), Diego Godoy (Conde de Almaviva), Laura Verrecchia (Rosina), Giulio Mastrototaro (Dr. Bartolo), Jeroboám Tejera (D. Basilio), Pedro Martínez Tapia (Fiorello) e Marina Penas (Berta). Coa Orquestra Vigo 430 no foso, o evento tamén contará coa participación do coro Rías Baixas.
Este venres, dous días antes da representación, terá lugar a conferencia "O barbeiro desde Sevilla", a cargo de Jacobo Cortines, escritor e membro da Real Academia de Belas Artes. Celebrarase ás 20h na sala de conferencias do Centro Social Afundación.
Descargar todas as imaxes