venres, 1 feb 2008
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou que o BNG trasladará á Xunta de Goberno Local do vindeiro luns as suxestións e reclamacións que lle manifestaron os representantes dos afectados pola depuradora do Lagares durante a reunión mantida este venres. Con estes encontro, que foi cualificado como "absolutamente cordial" por Santi Domínguez, o tenente de alcalde deu cumprimento a unha petición dos veciños "feita dende hai tempo".
xoves, 17 xan 2008
O tenente de alcalde e responsable de Cascos Históricos, Santiago Domínguez, inaugurou esta mañá as xornadas que sobre a mellora de accesibilidade e mobilidade no Casco Casco teñen lugar este xoves e o venres no salón de actos do MARCO. Domínguez salientou a importancia de mellorar a accesibilidade do barrio antigo como factor determinante para a súa rehabilitación integral.
martes, 15 xan 2008
O tenente de alcalde e presidente do Consorcio do Casco Vello, Santiago Domínguez, e a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, anunciaron este martes que o orzamento desta entidade ascende aos 7,4 millóns de euros para este ano 2008, o máis alto ata esta data. "Ao longo deste ano vaise desenvolver un traballo no que se combina o pulo investidor en compra de inmóbeis cunha clara arela de rehabilitación dos edificios xa adquiridos", indicou o tenente de alcalde.
martes, 15 xan 2008
El teniente de alcalde y presidente del Consorcio del Casco Vello, Santiago Domínguez, y la conselleira de Vivienda, Teresa Táboas, anunciaron este martes que el presupuesto de esta entidad asciende a los 7,4 millones de euros para este año 2008, el más alto hasta esta fecha. "A lo largo de este año se va a desarrollar un trabajo en el que se combina el ánimo inversor en compra de inmuebles con una clara ansia de rehabilitación de los edificios ya adquiridos", indicó el teniente de alcalde.
venres, 28 dec 2007
<br />
<br />
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, definiu este venres como "moi positivos e ilusionantes os seis primeiros meses de goberno" e indicou que se poden calificar de posta en marcha "dun programa de goberno moi ambicioso e ilusionante". Durante este tempo, nas áreas do BNG foron meses adicados á planificación, a escoitar aos diversos sectores sociais e a reorganizar os servizos municipais, "co obxectivo de cumprir o prometido á cidadanía no programa electoral", sinalou Santi Domínguez.
xoves, 20 dec 2007
Ante a presenza dunha ampla representación dos ámbitos políticos, empresariais, sociais e deportivos, o Centro Social Caixanova foi onte o escenario elixido para presentar a imaxe oficial coa que Vigo defenderá a súa candidatura para acoller a celebración da Universiada de Verán no ano 2013, proxecto que impulsa o tenente de alcalde, Santi Domínguez. Tamén onte se presentou diante do Consello Superior de Deportes o cuestionario obrigatorio esixido ás cidades candidatas, un documento de 238 páxinas ensamblado nun bloque de metacrilato.
martes, 23 out 2007
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo este martes unha xuntanza co presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), José Manuel Fernández Alvariño, e varios membros da xunta directiva da entidade, continuando así coa rolda de contactos que está mantendo cos diferentes colectivos sociais e económicos da cidade.
martes, 16 out 2007
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, amosou hoxe a súa satisfacción polo compromiso adquirido polo vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, en relación aos investimentos que a Xunta de Galicia fará o vindeiro ano en Vigo vinculados ás áreas de goberno do BNG.
xoves, 11 out 2007
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou hoxe xoves as Xornadas da Tapa de Outono que organiza o Centro Comercial Aberto "Vigovello". Doce locais dos Casco Vello participarán nesta iniciativa, que se desenvolverá do 15 ao 31 de outubro e que consisten en ofrecer tapas ao simbólico prezo dun euro para acompañar a consumición. Tartaleta de castañas, filloas, crepe vexetal con xamón serrano ou mexillóns con fabas en salsa son algunhas das especialidades que se servirán durante estes días.
mércores, 10 out 2007
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe mércores que nos orzamentos do Concello para o vindeiro ano se contemplan cerca de tres millóns de euros para distintos proxectos e actuacións no Casco Vello. Salientou que é o investimento máis importante que calquera goberno municipal ten destinado ao barrio histórico e é o mellor exemplo do compromiso que asumiu para que á rehabilitación integral do Casco Vello sexa desta volta unha realidade.