Santi Domínguez explica ao tenente de alcalde de Zaragoza as accións deportivas desenvolvidas en Vigo
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo este mércores unha reunión do traballo co seu homólogo en Zaragoza, Manuel Blasco, na que lle explicou o funcionamento da xestión deportiva que se leva a cabo no Concello de Vigo, así como as accións que se están a desenvolver neste ámbito. O encontro, no que tamén participou o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, foi cualificado polo tenente de alcalde como "moi fructífero".
"Na reunión intercambiamos as nosas respectivas experiencias en materia deportiva", explicou Santi Domínguez. O tenente de alcalde, que foi no seu día concelleiro de Deportes e posteriormente director xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, explicou polo miúdo os pasos dados polo Concello de Vigo para a promoción do deporte a través da xestión municipal.
O encontro enmárcase na rolda de contactos que o Concello de Zaragoza está desenvolvendo en diferentes cidades españolas para estudar os modelos de xestión das instalacións deportivas, así como algúns exemplos de concesións de construción e xestión aplicable ao ámbito deportivo.
Descargar todas as imaxes