O aparcadoiro de Jenaro de la Fuente estará listo en dous anos
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras un encontro coa presidenta da Asociación de Comerciantes do Calvario, Encarna Álvarez, salientou que en "dous ou tres anos se solventarán as grandes reclamacións do Calvario coa humanización, reforma e mellora do barrio vigués". O Calvario precisa de "atención urxente", afirma o alcalde, polo que avanzou o inicio de tres obras no barrio: o aparcadoiro de Jenaro de la Fuente, a humanización de cinco das súas rúas e a reforma do edificio Bandeira.
Entre maio e xuño darán comezo as obras de humanización das rúas Esperanto, Sahagunto, Cataluña, Monforte de Lemos e de Aragón, entre as rúas Urzáiz e Jenaro de la Fuente. Abel Caballero precisou que, tras a humanización da rúa Urzáiz, os veciños reclamaban a extensión desta medida a outras zonas do barrio, co que se cumpre agora "unha vella reivindicación" do Calvario.
A segunda das actuacións no barrio vigués será a construción dun aparcadoiro en Jenaro de la Fuente. O alcalde trasladou á Presidenta de FECOVI que as obras se iniciarán en marzo, tras seis anos de retraso, e terán unha duración de 24 meses. Abel Caballero enlazou esta medida coa reforma do edificio Bandeira, que xa conta co visto bo da Xerencia de Urbanismo. Se rehabilitará a fachada, integrando os novos materiais de construción coa estructura do antigo edificio.
A maiores das actuacións previstas, a Asociación de Comerciantes do Calvario presentou ao alcalde de Vigo propostas de mellora doutras zonas do barrio vigués, rúas que Abel Caballero se comprometeu a visitar para, posteriormente, estudar as demandas.
Descargar todas as imaxes