luns, 18 febreiro 2008

AENA mantén conversas sobre novas rutas aéreas internacionais desde Peinador

O alcalde, Abel Caballero, afirmou este luns que existen conversas entre AENA e empresas de aviación para tratar o establecemento de novas rutas aéreas internacionais desde o aeroporto de Peinador. Caballero asegurou que desde o Concello "estamos tendo un seguimento moi próximo" destas posiblidades, sobre as que el mesmo foi informado polo presidente de AENA, Manuel Azuaga, nunha conversa mantida na mañá deste luns.

A Concellería de Igualdade conta con 18.100 euros para axudar a mulleres vítimas de violencia de xénero que teñan pasado pola casa de acollida

Benestar Social destinará este ano 140.000 euros a axudas de emerxencia

luns, 18 feb 2008

A Concellería de Benestar Social destinará este ano 140.000 euros a axudas de emerxencia para persoas ou familias en situación de necesidade. Pola súa parte, a Concellería de Igualdade ten consignados 18.100 euros para asistir as mulleres vítimas de malos tratos. Así o anunciaron este luns as respectivas concelleiras, María Méndez e Iolanda Veloso.

María Méndez continúa na Asociación Down a rolda de visitas aos diferentes colectivos de Vigo para coñecer a súa realidade

luns, 18 feb 2008

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou este luns as instalacións da Asociación Down Vigo no marco da rolda de encontros que está a manter con diversos colectivos da cidade para coñecer de primeira man a súa realidade cotiá. Durante o percorrido que realizou na sede da asociación felicitou os directivos da entidade "polo gran labor que están a desenvolver no eido da discapacidade" e amosou a disposición do Concello para manter a colaboración con esta entidade.