AENA mantén conversas sobre novas rutas aéreas internacionais desde Peinador
O alcalde, Abel Caballero, afirmou este luns que existen conversas entre AENA e empresas de aviación para tratar o establecemento de novas rutas aéreas internacionais desde o aeroporto de Peinador. Caballero asegurou que desde o Concello "estamos tendo un seguimento moi próximo" destas posiblidades, sobre as que el mesmo foi informado polo presidente de AENA, Manuel Azuaga, nunha conversa mantida na mañá deste luns.
Segundo o alcalde, o interese por estas novas rutas baséase en enquisas "moi detalladas e ben feitas" realizadas a usuarios do aerporto de Vigo. Estas enquisas indican que o destino internacional máis demandado é Ámsterdam, seguido de Londres e Bruxelas.
Caballero adiantou que hai "altas probabilidades" de que a nova ruta a Bruxelas comece a operar desde Peinador "entre outubro e novembro" da man de Brussels Airlines. No caso da ruta a Londres, o alcalde dixo que "xa hai conversas" para establecela. No caso de Ámsterdam estas conversas "vanse iniciar" proximamente.
Promoción do cooperativismo
Por outra parte, a Xunta de Goberno aprobou este luns a solicitude dunha axuda de 30.000 euros á Dirección Xeral de Relacións Laborais para o financiamento dun plan de promoción do cooperativismo a nivel local.
Na súa xuntanza, o Goberno municipal deu o seu visto bo á memoria do proxecto "Plan Local de Promoción do Cooperativismo de Traballo Asociado no Concello de Vigo, así como á solicitude de admisión desta memoria por parte da Dirección Xeral de Relacións Laborais, dependente da Consellería de Traballo. Os 30.000 euros solicitados para o financiamento da memoria do proxecto supoñen o 80% do custo total da actuación, que se executaría nun período de sete meses.
Descargar todas as imaxes