O alcalde salienta a importancia de que Vigo acolla o maior número posible de consulados
O alcalde, Abel Caballero, salientou este venres que Vigo é o núcleo con maior concentración de consulados europeos e americanos en Galicia, despois de manter no seu despacho co agregado consular do Reino Unido e o comandante da fragata británica HMS Lancaster un encontro motivado pola presentación oficial en Vigo, este mesma tarde, da Cónsul Honoraria dese país para a nosa Comunidade.
O alcalde lembrou que "en ningunha outra cidade de Galicia existen tantos cónsules" e cualificou de "moi importante" a "vocación" de Vigo de converterse en sede do maior número de representacións estranxeiras.
Precisamente na tarde deste venres, a Embaixadora británica en España, Denise Holt, presentará a nova Cónsul Honoraria do Reino Unido para Galicia, Lucy Watson. A presentación, á que acudirán o alcalde e o tenente de alcalde, terá lugar na recepción ás autoridades galegas que a Embaixadora ofrecerá a bordo do HMS Lancaster, no porto de Vigo.
Presenza militar
Na súa reunión da mañá, Abel Caballero transmitiulle ao comandante da mencionada fragata, Richard Moss, a suxerencia de que a Royal Navy participe no Festival Aéreo de Vigo coa presenza dalgúns dos seus avións.
Ademais, o alcalde aproveitou a súa posterior comparecencia ante os medios de comunicación para adiantar que ten solicitado do Exército español colaboracións similares. Neste sentido, Caballero afirmou que na cea ofrecida polo Rei Xoán Carlos I con motivo do seu 70º aniversario barallou co Xefe do Estado Maior do Exército do Aire a posibilidade de que un avión do Exército estea presente en Vigo durante o Festival Aéreo para que os cidadáns poidan vistalo. Segundo Abel Caballero, a resposta ao seu requerimento foi afirmativa e agora só falta que o Concello e o Exército concreten conxuntamente o lugar onde se situará a aeronave.
Durante a cea de aniversario do Rei, o alcalde tamén tratou co Xefe de Estado Maior da Armada da realización en Vigo dun simulacro de desembarco do Exército español e da OTAN. Caballero salientou a espectacularidade dun evento desas características e indicou que o de Vigo terá que ser planificado con tres ou catro anos de antelación, segundo dixo que lle explicou o Xefe de Estado Maior, a quen, por outra parte, solicitou "unha presenza importante da Armada" na nosa cidade con ocasión da saída do Desafío Atlántico de Grandes Veleiros 2009, "non só como elemento de escolta, senón tamén como atracción".
Descargar todas as imaxes