Escoitar

Abel Caballero manifesta o apoio do Concello de Vigo ao Banco de Alimentos

O alcalde, Abel Caballero, mostrou este xoves o apoio do Concello de Vigo ao Banco de Alimentos, con cuxos representantes se reuniu no seu despacho durante a mañá. O Banco de Alimentos é unha institución sen ánimo de lucro que reúne alimentos para entregarllos a centros asistenciais.

xoves, 14 feb 2008
1202999424bancoalimentos140208.jpg
A Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo reparte alimentos a 129 institucións da provincia que atenden a máis de 10.000 persoas. Durante 2007 esta institución repartiu algo máis de 1.000 toneladas de alimentos.
Descargar todas as imaxes