xoves, 14 febreiro 2008

Concellería de Turismo e Autoridade Portuaria acordan reservar un espazo para os autobuses turísticos no Porto

xoves, 14 feb 2008

Os autobuses turísticos teñen xa a posibilidade de aparcar nas instalacións do Porto de Vigo como froito do acordo manifestado este xoves polo tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o presidente da Autoridade Portuaria, Xesús Paz. Nas súas respectivas intervencións, ámbos os dous salientaron a "excelente colaboración" que existe entre ambas institucións "en beneficio de Vigo", e como exemplo disto anunciaron a implementación da información turística que se lle facilitará aos cruceiristas "antes do seu desembarco na cidade".

O Festival Alternativo das Artes Escénicas comeza o día 22 coa obra "Kamchàtka" na rúa do Príncipe

xoves, 14 feb 2008

O Festival Alternativo das Artes Escénicas Alt.08A volve á cidade de Vigo o venres 22 de febreiro, nesta ocasión da man da compañía barcelonesa Kapchatka, que na rúa do Príncipe, ás 19.00 horas, interpretará a obra do mesmo nome. Segundo o concelleiro de Cultura, Xesus López, a celebración do Alt.08 "é un dos mellores acontecementos que se producen na cidade de Vigo, xa que sitúa á cidade no centro das Artes Escénicas do Estado".

Esta fin de semana comeza a nova programación de "Súbete ao Castro"

xoves, 14 feb 2008

Esta fin de semana reinícianse as actividades de "Súbete ao Castro", un programa de lecer xuvenil alternativo que organiza a Concellería de Xuventude. Para participar nas actividades, que son gratuítas e se desenvolven no Espazo Xove do Castro, ao carón da Pista de Bicicletas do Parque do Castro, só é preciso cubrir unha ficha de inscrición no local.