Escoitar

Esta fin de semana comeza a nova programación de "Súbete ao Castro"

Esta fin de semana reinícianse as actividades de "Súbete ao Castro", un programa de lecer xuvenil alternativo que organiza a Concellería de Xuventude. Para participar nas actividades, que son gratuítas e se desenvolven no Espazo Xove do Castro, ao carón da Pista de Bicicletas do Parque do Castro, só é preciso cubrir unha ficha de inscrición no local.

xoves, 14 feb 2008
Na oferta de actividades xogan un papel central as novas tecnoloxías e existen diversas alternativas ás que apuntarse como as Miniolimpiadas Wii, nas que se compite ao Wii Sports coas dúas videoconsolas que hai a disposición dos usuarios de maneira totalmente gratuíta.Tamén é posible empregar os doce novos ordenadores do ciber para conectarse a internet de balde, xogar ou chatear. No Punto de Información Software Libre (PISL) do cíber ofrécese información sobre GNU/Linux e outras aplicacións de código aberto. O Cibercastro ofrece cursos de Open Office 2.3, mantemento informático básico, mecanografía e Gimp.

En canto ao Castroensaios, desenvolveranse cursos de vogalista, teclado, batería, baixo eléctrico, guitarra eléctrica e pandeireta. E co programa Castroescena as persoas interesadas poderán disfrutar coa danza Oriental, a iniciación ao teatro e ao break dance. No Espazo Xove do Castro tamén se pode empregar o Espazo Artístico Libre, que conta cos materiais e ferramentas necesarios para debuxar, decorar e crear prácticamente calquera modalidade artística.

Pero tamén ofrece outras novidades, como o obradoiro de Curtametraxes co móbil, co que se poderá aprender a rodar o propio vídeo. Ademais, disputaranse campionatos de tenis de mesa, e o karaoke, stepmanía, frets on fire e liga de xogos na rede e customízación e personalización de roupa e obxectos completan a oferta de actividades para esta temporada.

As persoas interesadas en ampliar información sobre o programa poden facelo nas propias instalacións do Espazo Xove do Castro (ubicadao no Paseo dos Cedros), no teléfono 986 485 541, mediante o correo electrónico cibercastro@xuventudevigo.org, ou na web www.xuventudevigo.org.