Escoitar

Os datos económicos do Concello de Vigo pódense consultar na web municipal

A Concellaría de Economía e Facenda facilita a todos os vigueses os datos económicos do Concello de Vigo a través da páxina web municipal e un novo software de consulta da súa situación económica en tempo real. Ambas as iniciativas son pioneiras en España. Ningún outro Concello ofrece aos cidadáns esta información na súa web.

xoves, 14 feb 2008
1203000949web140208.jpg
Presentación das novidades, este xoves no Concello
A día de hoxe están dispoñibles os resumos do orzamento correspondente ao exercicio 2008, estados máis relevantes da liquidación e conta xeral correspondentes ao exercicio 2006. A partir deste xoves na web do Concello estará a disposición dos cidadáns a información económica da liquidación e conta xeral da entidade municipal.

Os que o desexen poderán consultar os datos referidos á execución do orzamento, segundo estados trimestrais e unha vez dada conta dos mesmos ao pleno da Corporación, así como a diferentes indicadores da situación económica municipal.

Este espazo web é de acceso libre para todos os cidadáns e está na páxina do Concello (www.hoxe.vigo.org), dentro do apartado: "Casa do Concello – Información Económica".

Software de consulta

O novo software permitirá acceder á información económica da entidade municipal en tempo real a través de Internet, utilizando un navegador e con autorización previa. Este sotware vai dirixido aos órganos diretivos e dará outra visión da información. Os datos aparecen dunha forma elaborada e ofrecen unha ferramenta de consulta e axuda na toma de decisións, co que se poderá coñecer a situación económica da entidade municipal en calquera momento. As consultas pódense realizar desde calquera ordenador do mundo.

Trámites tributarios

Desde o Departamento de Dirección de Ingresos os Servizos Tributarios, en colaboración co Departamento de Informática, están a incluír na páxina web do Concello o maior número posible de trámites tributarios: declaracións de alta, solicitudes de beneficios fiscais, declaracións de baixa ou modificacións, solicitudes de certificados de pagamento de calquera recibo ou autoliquidación, entre outros. Así, os contribuíntes poderán realizar unha gran parte dos trámites tributarios a través da páxina web do Concello, sen necesidade de se desprazaren.

Por outra banda, o Concello ten a punto o aplicativo necesario para permitir o pagamento de autoliquidacións de tributos a través da páxina web municipal. Só resta a adecuación técnica da entidade financeira colaboradora do Concello na recadación dos Tributos.

A título de exemplo, consígnanse a continuación os trámites que facilitará a páxina Web do Concello aos titulares de vehículos en relación ao Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica:

Autoliquidación do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica: Ciclomotores e Motocicletas ata 125 cc.

Solicitude de Bonificación do 75% do IVTM para Vehículos Híbridos

Solicitude de Bonificación do 75% do IVTM para Vehículos con Cualificación Eficiencia Enerxética

A Solicitude de Bonificación do 75% do IVTM para Vehículos que utilicen Combustible biogás, gas natural comprimido/comprimido, metano, metanol ou hidróxeno.

Solicitude de Bonificación do 75% do IVTM para Vehículos de motor eléctrico e/ou emisións nulas.

Acreditación de representación, no caso de que o solicitante actúe a través de representante colgado nos seguintes apartados: Bonificación do 75 % do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)

Certificado de non ter débedas polo Imposto de Vehículos (IVTM)

Certificado de ter pagado o recibo do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)

Exención do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) para Vehículos Matriculados a Nome de Minusválidos.

Impreso de pago da taxa pola expedición de documentos na opción de Certificado de non ter débedas polo imposto de vehículos (IVTM)
Descargar todas as imaxes