mércores, 13 febreiro 2008

O Goberno local instalará 50 pasos de peóns elevados na cidade, 30 "de forma inmediata"

En menos dun mes estarán listos catro, na avenida de Galicia, na rúa Coutada e dous na avenida de Europa, en Samil. Outros 27 poderán estar instalados no verán, previa licitación. Para garantir a seguridade, o Goberno local reforzará tamén a sinalización horizontal, establecerá sentidos únicos e instalará varandas de proteción para os peóns en determinadas rúas.

Young Marble Giants e os congoleses Konono No.1 protagonizan o primeiro semestre do Festival Sinsal de Vigo

mércores, 13 feb 2008

Tres propostas procedentes de Gales, Congo e Brasil van centrar o primeiro semestre do Festaval Sinsal 6, encontro de referencia da música avanzada en Galicia. Os míticos Young Marble Giants, que volven aos escenarios case trinta anos despois de editaren o fulcral "Colossal Youth", e os congoleses Konono No.1, a faciana menos coñecida da música africana, protagonizan un programa que principiará este luns 18 coa actuación dos brasileiros Kassin+2.

O programa "Camiña e coñece" continúa o domingo cun percorrido dende Bouzas ata a vila romana de Toralla

mércores, 13 feb 2008

O vindeiro domingo 17 de febreiro terá lugar a cuarta ruta do programa "Camiña e coñece", que percorrerá a costa viguesa dende Bouzas ata Toralla, segundo anunciaron este mércores os concelleiros de Cultura, Xesús López, e de Deportes, Xabier Alonso. A saída será ás 10.30 horas dende o pantalán de embarcacións tradicionais da praia do Adro de Bouzas e a chegada está prevista ás 13.30 horas na vila romana de Toralla, dende onde haberá un servizo de autobuses para facilitar o retorno ao punto de partida.

"Feminino Plural" de Bolován Teatro, prevista para finais de marzo, aprázase ata xuño por axustes na xira da compañía

Mañá comeza a programación municipal de teatro para adultos coa representación de "Hendaya mon amour"

mércores, 13 feb 2008

Coa obra "Hendaya mon amour" comeza mañá, 14 de febreiro, a programación estable de teatro para adultos para o primeiro semestre de 2008, posta en marcha pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. A representación, a cargo da compañía Bacana, terá lugar no Auditorio Municipal a partir das 21.00 horas. Haberá unha nova oportunidade de gozar desta obra, que vén precedida do éxito da crítica, o venres 15 no mesmo horario.