Abel Caballero reúnese con representantes do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia
O alcalde, Abel Caballero, mantivo este martes no seu despacho un encontro con representantes do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia. O obxecto da reunión foi a presentación por parte do Colexio de Camiños do I Congreso de Enxeñería Civil e Territorio de Galicia e do Norte de Portugal, que se celebrará en Vigo os días 22 e 23 de outubro.
Os representantes do Colexio aproveitaron a súa visita ao alcalde para lle expoñeren os obxectivos do mencionado congreso, que ten por lema "O litoral, a ordenación do territorio, os portos e as comunicacións, a recuperación das augas e a xestión integral da costa". Así mesmo, o Colexio de Enxeñeiros transmitiulle a Abel Caballero a invitación da súa Xunta Reitora para formar parte do Comité de Honor do Congreso e para asistir á inauguración deste evento.
Descargar todas as imaxes