Escoitar
"Feminino Plural" de Bolován Teatro, prevista para finais de marzo, aprázase ata xuño por axustes na xira da compañía

Mañá comeza a programación municipal de teatro para adultos coa representación de "Hendaya mon amour"

Coa obra "Hendaya mon amour" comeza mañá, 14 de febreiro, a programación estable de teatro para adultos para o primeiro semestre de 2008, posta en marcha pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. A representación, a cargo da compañía Bacana, terá lugar no Auditorio Municipal a partir das 21.00 horas. Haberá unha nova oportunidade de gozar desta obra, que vén precedida do éxito da crítica, o venres 15 no mesmo horario.

mércores, 13 feb 2008
1202909537hendaya130208.gif
As entradas, a 5 euros, xa están á venda nas instalacións da Central de Espectáculos (na rúa Velázquez Moreno, número 26) e por Internet na web www.centralespectaculos.com. Unha hora antes do comezo do espectáculo, se aínda quedasen entradas, poderán mercarse na propia taquilla do Auditorio.

"Hendaya mon amour" é a terceira montaxe da compañía Bacana, despois de "Ratman & Bobyn" e "Os Fillos de Eva", e obtivo o premio Fetega 2007 ao mellor espectáculo. Está interpretada por Xúlio Abonjo (coñecido polo seu papel na serie "Cuestión de sexo") e por César Goldi (que obtivo o premio Fetega 2007 ao mellor actor). Trátase dun musical que navega por diferentes estilos, o twist, o hip hop, a balada romántica, a copla e o pop a través de sete temas musicais, dos que tres son versións e catro orixinais, creadas especialmente para a ocasión por Pipo Alvariño, integrante de PepevaamondeGrupo e a ZetaTrup, agrupación formada por Xúlio Abonjo e Santi Martín.

Por outra banda, o concelleiro de Cultura, Xesús López, anunciou tamén este mércores que a obra "Feminino plural", da compañía Bolován Teatro, cambia os días da súa representación, e pasa do 27 e 28 de marzo ao 5 e 6 de xuño. Segundo Xesús López, a decisión de realizar esta modificación debeuse a reaxustes na xira da compañía.
Descargar todas as imaxes