O Concello de Vigo precinta cautelarmente os colectores soterrados tras a morte dun traballador en Santiago
O Concello de Vigo precintou na mañá deste venres e de xeito cautelar, os colectores soterrados instalados en distintos puntos do municipio, despois de ter noticia de que un traballador do servizo de recollida de lixo de Santiago de Compostela resultou morto na pasada medianoite cando traballaba cun destes depósitos.
A primeira hora da mañá, e despois de coñecer o acaecido na cidadé compostelá, a concelleira de Servizos de Vigo, Isaura Abelairas, púxose en contacto telefónico coa responsable da mesma área en Santiago para interesarse polo sucedido.
A pesar de que polo de agora non hai moitos datos sobre o que puido ocorrer co colector que provocou o suceso, o goberno vigués decidiu de forma inmediata precintar todos os colectores soterrados que funcionan no municipio, para garantir a integridade dos traballadores.
A indicación foi dada xa á empresa que leva a cabo o servizo e, de forma paralela, estanse a instalar desde primeira hora da mañá colectores de superficie para garantir o axeitado servizo en todas as zonas de Vigo.
Na cidade viguesa hai operativas na actualidade 39 illas con 130 colectores soterrados, e a Concellería de Servizos xa deu orde á concesionaria para que, de xeito inmediato, se leven a cabo traballos de comprobación e recoñecemento de todos e cada un dos colectores antes de decidir a súa reapertura.
Ao mesmo tempo, o Goberno vigués quere transmitir as súas condolencias á familia e compañeiros do traballador falecido en Santiago.