María Méndez inaugura as xornadas "Nen@s na procura do éxito"
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, inaugurou este venres no Centro Socio Cultural Caixagalicia a xornada "Nen@s na procura do éxito: Experiencias e propostas para loitar contra o fracaso escolar", cuxo obxectivo é dar resposta aos problemas dos nenos e nenas. Na súa intervención, María Méndez fixo referencia ao traballo que se está a levar a cabo dende a súa Concellería, pero tamén incidiu nos retos actuais para pais, nais e educadores, como "inculcar vellos e novos valores, comprender as diferenzas e mergullarse na diversidade" .
"Dende a Concellería de Benestar Social e, concretamente, dende o Servizo de Infancia e Familia traballamos con nenas e nenos, adolescentes e as súas familias, levando a cabo programas e actividades que potencian a atención e intervención social a estas persoas en situación de risco, desprotección ou discapacidade ou situación de exclusión social", explicou a concelleira, quen sinalou que durante o ano 2007 se traballou con 338 familias e 431 menores.
Segundo María Méndez, é preciso dar resposta aos problemas que se presentan nunha sociedade en proceso de cambio, "na que moitas das referencias dos adultos non son válidas e na que cómpre incorporar novos valores", o cal se traduce nun "reto para pais e educadores".
Descargar todas as imaxes