O Concello distribúe 6.000 exemplares da súa guía de centros públicos de Educación Infantil e Primaria
O Concello vén de editar un total de 6.000 exemplares dunha guía que recolle información sobre os centros públicos de Educación Infantil e Primaria de Vigo. O obxectivo desta medida é informar as familias que teñen nenos para axudarlles a valorar cal é o mellor centro para os cativos.
Os tramos educativos aos que fai referencia a guía están representados en Vigo por un total de oito centros de Educación Infantil de 0 a 3 anos, nove de Educación Infantil de 3 a 6 anos e 45 centros de Educación Infantil e Educación Primaria (de 3 a 12 anos), aos que se soman outras modalidades educativas como o centro de Educación Especial "Saladino Cortizo", a escola hospitalaria do Hospital Xeral e os conservatorios de Música Profesional e Superior de Música.
Un total de 2.760 familias recibiron esta guía, na que poden consultar información relevante sobre estes centros de ensino, desde o seu nome e enderezo ata as datas de admisión de alumnado, pasando polas etapas educativas coas que conta, o seu modelo educativo, os seus equipamentos e as súas instalacións, as actividades organizadas pola ANPA e as rutas de transporte, entre outros aspectos.
Unha información "de interese" para as familias, segundo afirmou a concelleira de Educación, Laura López Atrio, este luns durante a presentación da guía, nun acto ao que asistiu tamén o director do CEIP "Mosteiro" de Bembrive, Juan Francisco Centrón. Este lembrou que a guía de centros públicos de Educación Infantil e Primaria de Vigo se leva publicando desde hai 15 anos, para informar sobre "un ensino distinto, democrático, participativo, plural, integrador e laico".
O director do CEIP "Mosteiro" sinalou, por outra parte, que os centros educativos celebrarán as súas xornadas de portas abertas previsiblemente os días 26, 27 e 28 de febreiro. Nestes días, as persoas que se acheguen a cada centro recibirán información útil para poderen coñecer as súas características e o seu funcionamento.
Descargar todas as imaxes