Escoitar

Santi Domínguez afirma a súa vontade de colaborar coa Asociación de ex Detidos e Desaparecidos de Arxentina

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este venres que buscará fórmulas de colaboración coa Asociación de ex Detidos e Desaparecidos de Arxentina, segundo manifestou tras a xuntanza que mantivo con Nilda Emma Eloy, representante desta entidade, na que tamén estivo presente a concelleira de Benestar Social, María Méndez. Na xuntanza, o tenente de alcalde amosou a súa solidaridade coa causa defendida pola Asociación e salientou o traballo que esta desenvolve a favor dos dereitos humanos e o esclarecemento da verdade.

venres, 22 feb 2008
1203689848arxentina220208.jpg
Na xuntanza, Santi Domínguez salientou que a Asociación de ex Detidos e Desaparecidos de Arxentina desenvolve un traballo importante "na recuperación da memoria, para acadar a xustiza e na loita pola democracia", polo que amosou a súa disposición a que o Concello de Vigo colabore na consecución destes obxectivos.

Pola súa banda, Nilda Emma Eloy transmitiulle ao tenente de alcalde as súas inquedanzas e a necesidade de contar co máximo apoio posible para desenvolver a súa tarefa. Lembrou ademais que asociación representa a moitos galegos e galegas quer foron vítimas da ditadura arxentina.
Descargar todas as imaxes