O MARCO presenta "Próspera", a nova mostra da viguesa Carme Nogueira
A exposición, que se inaugura este venres, poderá ser visitada ata o 11 de maio no Espazo Anexo do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). A presentación contou coa asistencia do alcalde, Abel Caballero. Como continuación do proxecto PRÓSPERA, presentado en setembro de 2007 en Pequín, a viguesa Carme Nogueira busca de novo un diálogo coa cultura chinesa que nesta ocasión toma como referencia o contexto máis próximo, a cidade onde vive e desenvolve o seu traballo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o director do MARCO, Iñaki Rodríguez, e a artista viguesa Carme Nogueira presentaron na mañá deste venres a mostra "Próspera", que estará no Espazo Anexo de MARCO ata o 11 de maio.
"Próspera" enmárcase no conxunto de actividades artísticas e culturais organizadas polo Instituto Cervantes con motivo da celebración do Ano de España en China. En setembro de 2007, o MARCO de Vigo presentou no Instituto Cervantes de Pequín unha proposta de Carme Nogueira que establecía un diálogo entre a cultura chinesa e a española centrado especialmente no crecemento económico e urbano.
A proposta para o Espazo Anexo do MARCO inclúe varias intervencións dentro e fóra do ámbito expositivo propiamente dito, xogando coa ambivalencia dos lugares públicos e privados: accións na rúa, instalacións e videoproxeccións dentro da sala de exposición, e unha intervención coa artista Azucena Vieites sobre a fachada posterior do MARCO, fronte ao Espazo Anexo.
A obra de Carme Nogueira en Pequín consistía en varias pezas relacionadas, con accións na rúa, unha intervención 'site-specific' na fachada, e unha instalación no interior da sala de exposicións. Un proxecto que agora ten a súa continuidade no Espazo Anexo do MARCO, e que se relaciona coa mirada desta artista sobre o espazo público, sobre o significado do contexto urbano, o seu uso e as súas alteracións, presentes xa en propostas anteriores.
A artista
Carme Nogueira (Vigo, 1970) é licenciada en Belas Artes pola Universidad de Salamanca e Doutora pola Universidade de Vigo. Premio extraordinario de doutoramento no curso 2001-2002, foi profesora asociada e investigadora na Universidade de Vigo, e bolseira na Hochschule de Berlín. Estudou tamén con Pedro G. Romero (Quincena de arte de Montesquiu, 1990) e participou en proxectos como "Atelier Christoph Colomb" (Burdeos-Sevilla-Salamanca, 1993); "Encuentros" (Burdeos-Arteleku-Salamanca, 1993); Bienal de Maastrich (1993), e "Sólo para tus ojos" (Arteleku, 1997). Foi cofundadora da revista de arte e cultura "Fe" (1995-1999).
Entre os seus proxectos expositivos destacan a súa participación en "Idensitat" (Barcelona, 2007), "Nos Camiños" (CGAC, Santiago, 2007), "La ciudad interpretada" (Santiago de Compostela, 2006), proxecto "Travesía de Vigo", xunto con Santiago Cirugeda (Galería adhoc, Vigo, 2006), a serie "Refuxios" (Urbanitas, MARCO de Vigo, 2006; Metrònom, Barcelona, 2005/2006; Galería adhoc, Vigo 2004/5; Coro da Universidade de Santiago, 2003), "Corpos de produción" (Santiago, 2002-2003), "El cuerpo extraño" (Galería adhoc, Vigo, 2001), "Negro" (Galería Visor, Valencia, 2002), "Ecosofías" (Sala Amadís, Madrid, 2000) e a súa participación na Bienal de Pontevedra (2000).
Descargar todas as imaxes