O tenente de alcalde pídelles aos guías turísticos que difundan a imaxe de Vigo como cidade acolledora
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, recibiu este venres no Concello os participantes dun curso de formación para guías turísticos especializados de Galicia, aos que pediu que axuden a "vender esta cidade" ás persoas que a visitan.
Despois de lembrar varios dos atractivos de Vigo e do seu contorno, Domínguez mostroulles aos guías turísticos o seu desexo de que saiban "dicir que somos unha cidade que queremos recibir xente porque sabemos como tratala". O tenente de alcalde explicou que Vigo se ten labrado "desde o traballo" e grazas á colaboración de xente chegada de fóra, e que por este mesmo motivo é "unha cidade que sabe acoller".
Descargar todas as imaxes