O BNG trasladará á Xunta de Goberno local do luns as reclamacións dos afectados pola depuradora do Lagares
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou que o BNG trasladará á Xunta de Goberno Local do vindeiro luns as suxestións e reclamacións que lle manifestaron os representantes dos afectados pola depuradora do Lagares durante a reunión mantida este venres. Con estes encontro, que foi cualificado como "absolutamente cordial" por Santi Domínguez, o tenente de alcalde deu cumprimento a unha petición dos veciños "feita dende hai tempo".
"Aínda que o tema da depuradora non é competencia do BNG, recibín aos veciños de Coruxo como responsable do BNG e asumín o compromiso de poñer en coñecemento do alcalde e da concelleira de Medio Ambiente os problemas plantexadoos durante a reunión", explicou o tenente de alcalde. Neste sentido, indicou que os veciños manifestaron a utilidade de ter un "interlocutor único" á hora de manter as conversas oportunas, así como a importancia de poñer en marcha un "plan de evacuación permanente", para que haxa un "instrumento áxil" no caso de precisar ser evacuados.
Segundo Santi Domínguez, os afectados pola depuradora reiteraron os seus tradicionais desacordos coa depuradora actual e coa nova que se vai construír, respecto á cal o tenente de alcalde manifestou o seu compromiso de facerlles chegar o documento do proxecto.