O ciclo de febreiro do Cineclub Lumière comeza este luns
O ciclo de febreiro do Cineclub Lumière comeza este luns 4 coa película "Quando sei nato non puoi nasconderti" ("Cando naces xa non podes agocharte"), de Marco Tullio Giordana.
Giordana, gañador do premio François Chalais ao mellor director no Festival de Cannes de 2005, conseguiu con este filme o Lazo de Prata á mellor produción nos premios do Sindicato de Críticos do Cine Italiano de 2006.
Baseada na novela de Maria Pace Ottieri, a película narra a vida dun mozo de doce anos pertencente a unha familia acomodada da cidade italiana de Brescia. Durante un cruceiro polo mediterráneo, o rapaz cae pola borda en plena noite. Cando o botan en falta e dan a volta xa non o atopan. Horrorizados, asumen que moi probablemente estea morto, pero el consegue ser salvado por unha embarcación de inmigrantes ilegais.
Ao igual que as restantes películas do ciclo, "Cando naces xa non podes agocharte" será proxectada en versión orixinal subtitulada. As proxeccións terán lugar os luns a partir das 20.30 no Auditorio do Concello. O 11 de febreiro poderase ver "Requiem for Billy the Kid" ("Requiem por Billy o Neno", de Anne Feinsilber; o 18 será a vez de "Das Fräulein" (Fraulein), de Andrea Staka, e o día 25 o ciclo rematará con "Mala Noche", de Gus Van Sant.