mércores, 30 xan 2008
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este mércores o programa "Camiña con nós pola igualdade", destinado á sensibilización e formación na igualdade de oportunidades de nenos e nenas de educación infantil e primaria da nosa cidade. En total, serán 2.196 os alumnos e alumnas que participarán nesta iniciativa, que se desenvolverá en 27 centros educativos ata o mes de xuño".
mércores, 30 xan 2008
O concurso de coplas do Entroido 2008 celebrarase, finalmente, o venres 1 de febreiro, por orde de inscrición das cinco agrupacións que solicitaron a súa participación no desfile. Deste xeito, e se non hai cambios, o primeiro grupo en saír ao escenario da praza da Constitución, ás 19.00 horas, será o denominado "Nin chica de jasto", de Moaña; os seguintes serán "Cantareiras Bouzacoba", de Vigo; "Foche á Bodeja", tamén de Moaña, e "As Marujas do Berbés", da nosa cidade. Pechará o desfile "Animodo de Domaio", desta localidade do Morrazo.
mércores, 30 xan 2008
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) vén de presentar a súa programación para o período de xaneiro a abril de 2008. Exposicións temporais, programación audiovisual, concertos e festivais, programación didáctica, cursos para adultos e actividades da Agrupación de Amigos, entre outros eventos, conforman a oferta do museo para os próximos meses.