A Policía Local poderá asumir funcións de policía xudicial
A Executiva da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) deu o seu visto bo na súa reunión deste martes en Madrid ao texto do acordo específico polo que se poderá regular a participación da Policía Local nas funcións de policía xudicial. Esta medida estaba contemplada no convenio marco de colaboración subscrito en febreiro de 2007 entre o Ministerio do Interior e a FEMP.
Segundo explicou este mércores o alcalde, Abel Caballero, o acordo está elaborado para ser asinado mediante acordos entre cada concello e a Secretaría de Estado de Seguridade, co obxectivo de mellorar a resposta policial en cada termo municipal. Esta mellora refírese ao campo da investigación das infraccións penais mediante unha maior coordinación da Policía Nacional, a Garda Civil e a Policía Local, con miras a incrementar a seguridade cidadá.
A intervención da Policía Local en tarefas xudiciais pretende garantir ao máximo o esclaremento dos delictos, achegar unha atención preferente ás vítimas e testemuñas e asegurar a máxima calidade dos atestados policiais.
A participación da Policía Local en funcións de policía xudicial limitarase ás infraccións cualificadas de falta ou delicto menos grave. Nestas categorías entran infraccións como lesións sen hospitalización, violencia doméstica ou de xénero, delictos contra a seguridade do tráfico, furtos e quebrantamentos de condena.
Para asumir as competencias de policía xudicial, a Policía Local deberá contar coa aprobación da Xunta Local de Seguridade.
Descargar todas as imaxes