venres, 1 feb 2008
A partir deste venres, Vigo e o seu proxecto para albergar a Universiada de Verán en 2013 estarán ao alcance de todo o mundo. O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, presentou xunto co concelleiro de Deportes, Xavier Alonso, a web <a href = 'http://www.universiadavigo.com/'>www.universiadavigo.com</a>.
venres, 1 feb 2008
A Federación de Asociacións Veciñais "Eduardo Chao" ofrece un conxunto de actividades complementarias ás que o Concello organiza con motivo do Entroido para que nenos e maiores gocen destas festas da maneira máis participativa posible. Serán máis de 50 festas, bailes, obradoiros, espectáculos e outras actividades que se desenvolverán do 2 ao 23 febreiro baixo a denominación Move Vigo Entroido 2008.
venres, 1 feb 2008
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou que o BNG trasladará á Xunta de Goberno Local do vindeiro luns as suxestións e reclamacións que lle manifestaron os representantes dos afectados pola depuradora do Lagares durante a reunión mantida este venres. Con estes encontro, que foi cualificado como "absolutamente cordial" por Santi Domínguez, o tenente de alcalde deu cumprimento a unha petición dos veciños "feita dende hai tempo".
venres, 1 feb 2008
O ciclo de febreiro do Cineclub Lumière comeza este luns 4 coa película "Quando sei nato non puoi nasconderti" ("Cando naces xa non podes agocharte"), de Marco Tullio Giordana.
venres, 1 feb 2008
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, manifestou este venres que o BNG defende a posibilidade de regular a práctica do botellón para lograr que o dereito dos mozos e mozas á diversión sexa compatible co dereito da cidadanía ao descanso. Neste sentido, Santi Domínguez sinalou que o BNG quere que "canto antes" se convoque a comisión correspondente para reinvindicar a compatibilidade destes dous dereitos.